martes 25 de enero de 2011

BASES CONCURSO "CARTAS DE AMOR E DESAMOR"

PARTICIPANTES.- Poderán participar tódalas persoas que o desexen sempre que os traballos se presenten en galego e éstos non foran publicados nin premiados noutros concursos. Só se admitirá un traballo por participante.

TEMA E CONTIDO.- Poderán presentarse obras relacionadas co amor en tódalas suas manifestacións: verdadeiro, platónico, enamoramento, desamor, paixón, odio, enganche, desexo…
As cartas poderán estar dirixidas a calquera destinatario real ou imaxinario. As cartas poderán conter amáis debuxos ou ilustracións.

FORMATO.- As cartas levarán un título e terán unha extensión máxima dun folio A4 sen portada. Poderán enviarse escritas de puño e letra ou mecanografíadas en formato Word. As cartas deben ir sen firma.

PRESENTACIÓN.- O prazo de envío comenza o día 25 de xaneiro ata o día 14 de febreiro inclusive.

Os traballos poderán presentarse:

•Por correo ordinario sen ningunha identificación exterior. Acompañados dun sobre cerrado no que conste o nome e apelidos do participante, idade, dirección e teléfono de contacto.
Á seguinte dirección de correo ordinario:

ASOC. VECIÑAL E CULTURAL “TERRAS DO INCIO”
CP. 27346 O INCIO
LUGO

PREMIOS.- Establecense dúas categorías:

1. PREMIO INFANTIL: Diploma, un lote de libros e a publicación do traballo gañador na revista cultural “Terras do Incio”.
2. PREMIO ADULTO: (maiores de 16 anos): Diploma, un lote de libros e a publicación do traballo gañador na revista cultural “Terras do Incio”.

Tódolos participantes terán un diploma por participar no certame.


O premio pode ser declarado deserto se así o estima o xurado.

XURADO.- O Xurado está composto pola Xunta Directiva da Asociación Veciñal e Cultural “Terras do Incio”.

O Xurado queda tamén facultado a resolver calquera outra incidencia que puidera producirse ou que non esté contemplada nas presentes bases.

A participación neste concurso supón a aceptación plena destas bases.

FALLO.- O fallo do xurado que será inapelable, terá lugar o día 15 de febreiro de 2011. Ese mesmo día publicarase o nome dos gañadores no blog da Asociación Veciñal e Cultural “Terras do Incio”: http://terrasdoincio.blogspot.com/ cos que amáis se contactará personalmente.